Etiqueta: Selección española

  • O Goberno toma medidas tras a non dimisión de Rubiales

    O Goberno toma medidas tras a non dimisión de Rubiales

    Cales son os prazos para a posible destitución de Rubiales?
    (máis…)
  • España gaña a UEFA Nations League

    España gaña a UEFA Nations League

    A Selección Española gañou este domingo a UEFA Nations League na tanda de penaltis contra Croacia. Trátase do primeiro título que consegue nos últimos 12 anos.

    O tempo reglamentario transcorreu sen goles, ao igual que a prórroga. Nos penaltis houbo dúas paradas de Unai Simón e un erro do combinado español. O penalti decisivo marcouno Dani Carbajal.

  • Non foi Malta, pero aínda así foi goleada

    Non foi Malta, pero aínda así foi goleada

    Tras unha espectacular primeira parte de España, a segunda parte comezou cun 3-0 a favor dos nosos. España continuou sendo a dominante e, no minuto 54, Ferrán Torres marcaba o seu segundo gol no partido. Xa no minuto 75, Gavi poñía o 5-0 e convertíase no goleador da Selección máis novo. Chegaba o minuto 90 e Carlos Soler marcaba o sexto gol do partido e da Selección e, 2 minutos despois, Álvaro Morata poñía o 7-0 no marcador.

    Pola súa banda, Costa Rica non realizou ningún tiro.

    España é primeira de grupo grazas á diferencia de goles, seguida de Xapón que hoxe dou a sorpresa ao gañarlle a Alemaña 1-2. Xusto será Alemaña o seguinte rival dos españois.

  • España impónse a Costa Rica na primeira parte

    España impónse a Costa Rica na primeira parte

    Tras quedar eliminados en oitavos hai 4 anos e gañar o Mundial hai 12, é momento de que a Selección vilva a facer historia e os seus primeiros 45 minutos de Mundial son envidiables: no minuto 11 Dani Olmo marcaba o primeiro gol, 10 minutos despois Marco Asensio anotou o segundo e, no minuto 31, Ferrán Torres marcou o terceiro de penalti.

    Unha primeira parte de España que contrasta considerablemente coa de Costa Rica, que apenas se achegou á portería que defende Unai Simón.

    Actualmente, España é a líder virtual do grupo E, no que Xapón dou a sorpresa ao gañarlle a Alemaña 1-2.

  • Luis Enrique fai pública a lista cos 26 seleccionados para o Mundial

    Luis Enrique fai pública a lista cos 26 seleccionados para o Mundial

    O vindeiro 20 de novembro comeza o Mundial de Qatar co Qatar-Ecuador e hoxe Luis Enrique, seleccionador español, anunciou a lista dos 26 que viaxarán ao país asiático.

    1668960000

      días

      horas  minutos  segundos

    hasta

    Mundial de Qatar

    O debut dos españois será o mércores 23 ante Costa Rica e, entre as novidades dos convocados, atopamos a Hugo Guillamón, a Yéremi Pino, a Ansu Fati e a Nico Williams.

    A lista completa é a seguinte:

    • Porteiros: Unai Simón, Robert Sánchez e David Raya.
    • Defensas: Carvajal, Azpilicueta , Eric Garcia, Hugo Guillamón, Laporte, Pau Torres, Jordi Alba e Gayà.
    • Centrocampistas: Busquets, Rodrigo, Pedri, Gavi, Koke, Marcos Llorente e Carlos Soler.
    • Dianteiros: Morata, Ferran, Dani Olmo, Nico Williams, Sarabia, Marco Asensio, Yeremy Pino e Ansu Fati.

    Como de costume, polémicas

    As reaccións á convocatoria non se fixeron agardar e a xente criticou a ausencia de xogadores como Iago Aspas ou Sergio Ramos.