Etiqueta: sucesos

  • ÚLTIMA HORA: Alomenos 2 mortos e 3 desaparecidos ao caer un autobúas ao río Lérez en Cerdedo-Cotobade

    ÚLTIMA HORA: Alomenos 2 mortos e 3 desaparecidos ao caer un autobúas ao río Lérez en Cerdedo-Cotobade

    Alomenos 2 persoas morreron e 3 están desaparecidas tras a caída dun autobús ao río Lérez ao seu paso por Cerdedo-Cotobade.

    O accidente tivo lugar sonre ás 21.35 horas deste sábado, cando un autobús da empresa Monbus da liña regular entre Lugo e Vigo caiu ao río á altura do quilómetro 67,5 da N-451, na parroquia de Pedre.

    Os bombeiros puideron rescatar con vida ao condutor do vehículo e a unha muller, mentras atopouse a dúas persoas falecidas e tres persoas atópanse desaparecidas.

    Ata o lugar desprazáronse efectivos de Emerxencias A Estrada, Bombeiros do Deza, Bombeiros de Pontevedra, Bombeiros de Ribadumia, Protección Civil de Cerdedo-Cotobade e ambulancias do 061.

  • Dous detidos por unha brutal pelexa en Ourense

    Pasadas as doce da noite no barrio do Couto en Ourense, unha pelexa rompía a serenidade nocturna. Nun vídeo grabado desde unha fiestra pódese ver como un home comeza a pegarlle unha malleira a outro. Mentras, unha terceira persoa intenta mediar cunha pistola na man.

    Pero as cousas tornaron e o que estaba sendo agredido pegoulle unha malleira superior ao primeiro agresor e o mediador uniuse.

    Cando chegou a Policía Local, atoparon a un home no chan, con feridas sobre todo na cabeza. O home foi trasladado ao hospital. Trátase dun veciño de Oirense de 35 anos.

    Un dos implicados, un ourensán de 32 anos, foi detido na mesma noite. O outro, un homa de nacionalidade romanesa de 25 anos, colleuno a Policía Local o día seguinte, seguindo as indicacións dunha testemuña.

    A arma que se ve no vídeo, supostamente falsa, aínda non apareceu.

  • ÚLTIMA HORA: Un tiroteo en París deixa cando menos 2 mortos e 4 feridos

    ÚLTIMA HORA: Un tiroteo en París deixa cando menos 2 mortos e 4 feridos

    Esta mañá produciuse un tiroteo no distrito X de París. Nel, unnhome de 69 anos matou 2 persoas e deixou feridas a 4, 2 delas moi graves. Segundo fontes oficiais, o tiroteador xa foi detido.

    Actualmente descoñécense as motivacións do tiroteo que se produciu nas proximidades dun centro kurdo, pero a Fiscalía de París abriu unha investigación por “asasinato, homicidio voluntario e violencia agravada”, deixando así, de lado, a motivación terrorista.

    Emmanuel Grégoire, tenente de alcalde de París, publicou unha mensaxe nas redes para transmitir “un pensamento polas vítimas” e polos que presenciaron “o drama”.

    Polo momento, non se difundiu nin a idade nin a nacionalidade das vítimas.

  • Situación esperanzadora para os estradenses atrapados no Perú

    Situación esperanzadora para os estradenses atrapados no Perú

    Os estradenses atrapados no Perú polas manifestacións que se están a suceder no país teñen esperanzas de regresar nos vindeiros días a España.

    Tania Míguez, Luis Ángel Carbia, Tania Domínguez e Yago Saborido realizaron unha camiñata de 10 horas polas vías do tren desde Aguas Calientes ata Ollantaytambo. Desde alí, e grazas á colaboración local, puideron chegar a Cuzco, onde teñen o hotel.

    A intención dos estradenses é coller mañá un avión entre Cuzco e Lima – ao parecer o tráfico aéreo interno xa se retomou- e o luns coller o avión que os levará desde a capital peruana ata Madrid.

    Os mozos agradecen a colaboración do Departamento de Emigración da Xunta de Galicia e do alcalde da Estrada, José López Campos, que estiveron en contacto con eles “en todo momento”.

  • Un garda civil mata á súa exparella en Bruxelas

    Un garda civil mata á súa exparella en Bruxelas

    Un garda civil asasinou hoxe en Bruxelas á sua exparella, unha enfermeira vallisoletana de 23 anos.

    O home desprazouse á capital belga para intentar volver coa súa exparella, que residía nesa cidade. Ante a negativa da muler, matouna, segundo parece, cunha arma branca e, posteriormente, intentou suicidarse tirándose por unha ventá. A vítima chamábase Teresa Rodríguez Llamazares e era filla dun funcionario municipal do Concello de Valladolid, Juan Rodríguez, que se xubilaba este venres, segundo informou o Consistorio.

    O Concello de Valladolid convocou un minuto de silencio e o alcalde como o resto da corporación concentráronse na Praza Maior para expresar a súa solidariedade co funcionario municipal e manifestar a repulsa pola morte violenta da súa filla.

  • Ferido grave un estradense despois de caer desde 20 metros de altura en Ribeira

    Ferido grave un estradense despois de caer desde 20 metros de altura en Ribeira

    Un home de 43 anos correspondente ás iniciais C.P.G. e veciño do concello da Estrada, resultou ferido de extrema gravidade despois de caer desde unha altura duns 20 ou 25 metros. Ao parecer, o home estaba recollendo un dron que quedara enganchado nun eucalipto o pasado martes cando a cesta do brazo hidráulico rompeu por causas que aínda se decoñecen.

    O suceso foi nas proximidades do polígono de Xarás, en Ribeira, nas inmediacións da rotonda do final da Autovía do Barbanza. A vítima estaba traballando nunha empresa de enxeñaría nuns traballos vinculados coa futura instalación do McDonalds na zona.

    A caída produciuse sobre ás 16:45h. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia indicaron que recibiron unha chamada da Policía Local, que pedía asistencia médica urxente para un operario que caira desde varios metros de altura. Ata o lugar desprazáronse tamén unha ambulancia Soporte Vital Básico (SVB) con equipo médico do PAC de Ribeira e o helicóptero medicalizado H3 do 061, onde desprazaron ao accidentado ata o Hospital Clínico de Santiago. Alí confirmaron que o home de 43 anos sufriu varias fracturas.

  • Unha aldea de Quiroga négase a ser desaloxada para defender as súas casas

    Galicia está afrontando unha situación extraordinaria polos incendios forestais. A falta de medios provocou que arderan 85 vivendas na nosa comunidade.

    Hoxe Orgullo Galego recolleu as palabras dun veciño de Xestoso do Lor, en Quiroga no que afirma que durante a tarde de onte a Garda Civil acudiu para evacualos. Esta aldea xa fora evacuada 3 noites antes pola dirección das lapas, que ameazaban a aldea.

    “Hoxe o pobo enteiro negouse a irse. Querían defender as súas casas do lume”. Isto xustifícase porque “vimos como fai días arderon aldeas enteiras como Vilar do Courel sen ningún tipo de axuda para salvalas e non querían que isto se repetira aqui”.

    A Garda Civil colleulle os datos a varios habitantes da aldea, que manifestan que, pese a que viviron varios incendios forestais, “nunca se tratou así á poboación”.

  • Unha empresa de reforestación provocou por segunda vez un incendio forestal en Aragón: “Estamos desolados e devastados”

    Unha empresa de reforestación provocou por segunda vez un incendio forestal en Aragón: “Estamos desolados e devastados”

    Aragón está sufrindo a virulencia dos incemdios forestais. Este luns iniciouse un na localidade de Ateca. A empresa Land Life, que se adica á reforestación de montes admitiu que se produciu por unha chispa na retroescavadora coa que estaban realizando os buratos. O incidente foi ás 16h dese día.

    “Estamos desolados e destrozados” afirma Francisco Purroy, director para España e Portugal de Land Life. Os traballos estaban realizándose, xustifica, “de acordo coa normativa local e seguindo esrritas medidas preventivas para facer fronte ao aumento de risco polaa condicións extremas de seca e calor”. O directivo admite que a recomendación era non traballar, “e está para cumprila”, pero deixa aberta a posibilidade de facelo. Non obstante, “polo sucedido, está claro que non se tiña que estar traballando a esa hora nese lugar”.

    Non é a primeira vez que pasa. O pasado 20 de xuño, esta empresa provocou un incendio que calcinou unhas 20 hectáreas na zona.

  • Dous feridos graves ao derrubarse a estrutura dun dos escenarios do Son do Camiño

    Dous feridos graves ao derrubarse a estrutura dun dos escenarios do Son do Camiño

    Un dos escenarios que se estaba montando para o festival O Son do Camiño no Monte do Gozo, en Santiago de Compostela, viuse esta mañá abaixo deixando 6 feridos, 2 deles graves. Os feridos foron trasladados ao Hospital Clínico de Santiago e “non se teme pola súa vida”

    No lugar estaban traballando 20 persoas cando se “derrubou unha torre”. O derrubamento produciuse no escenario principal. Polo momento non está en cuestión a celebración do festival, pero todo queda en mans da xustiza, por se fose necesario manter inalterado o lugar.

    O festival está previsto que se celebre entre o 16 e o 18 deste mes cun total de 40 actuacións entre as que están The Chemical Brothers, C. Tangana e Liam Gallagher.

  • Atropelo múltiple no centro de Berlín

    Atropelo múltiple no centro de Berlín

    Escoita a noticia en Spotify

    Ao redor das 10.30h un vehículo recorría 200m dunha céntrica rúa de Berlín atropelando aos viandantes ata que bateu contra o escaparate dunha droguería Douglass. O autor, que conducía un Renault Clío gris, intentou fuxir do lugar dos feitos, pero foi retido polos cidadáns que, posteriormente, entregárono á Policía.

    Hai unha falecida, 5 persoas están en estado crítico e 3 con lesións de gravidade. Inicialmente, emerxencias falaba de 30 feridos. A vítima é unha mestra de 51 anos que se atopaba cun grupo de estudantes.

    Polo momento descoñécese se o atropelo foi intencionado ou se foi un accidente. O condutor é un home de 29 anos de nacionalidade armenio-alemá que vive en Berlín.

    Hai un teléfono de atención cidadá para que as familias poidan solicitar información dos feridos. É o 0049 030 84 85 44 60 chamando desde España.

    A zona é próxima á praza na que no Nadal de 2016 un camión levou por diante un mercado de Nadal matando a 13 persoas.