Etiqueta: Tadej Pogačar

  • Comeza o Tour de Francia coa loita Pogačar-Roglic

    Comeza o Tour de Francia coa loita Pogačar-Roglic

    Hoxe comeza a proba raíña do ciclismo mundial: o Tour de Francia. Neste Tour veremos a loita entre os eslovenos Tadej Pogačar e Primoz Roglic, unha batalla da que non puidemos desfrutar o ano pasado por unha caída deste último.

    A Grand Départ será en Copenhague nunha crono de 13,2km polas rúas da cidade.

    Perfil da etapa 1. ASO

    A segunda etapa será de 202,2km e sairá de Roskilde e nos primeiros 90km pasarán por 3 portos de 4ª categoría. Nos últimos quilómetros antes de chegar á meta situada en Nyborg pasarán por unha ponte de 18km.

    Perfil da etapa 2. ASO

    A terceira e última etapa por Dinamarca sairá de Velje e rematará en Sønderborg. Será unha etapa chá de 182km cun claro final ao sprint.

    Perfil da etapa 3. ASO
  • A prima dun famoso ciclista leva máis de 200 días desaparecida e pode estar en España

    A prima dun famoso ciclista leva máis de 200 días desaparecida e pode estar en España

    O ciclista esloveno Tadej Pogačar pediu axuda nas súas redes sociais para atopar á súa prima Julija Pogačar, de 10 anos de idade. A rapaza leva en estado descoñecido desde o 3 de novembro sobre ás 17.30h, cando marchou coa súa nai, Melisa Smrekar e cun matrimonio conformado por Luka e Anka Ule.

    Tal e como informa o pai da menor Peter Pogačar na web findjulija.com, marcharon en coche. O matrimonio Ule despediuse dos seus familiares e díxolles que marchaban a España a algún lugar de montaña nunha choza onde non houbera señal. Dado que tamén mencionaron que a viaxe duraría entre 3 e 4 días, o home deduce que “foron a España en coche (Huelva ou Cádiz) e de alí en ferry a Canarias”. Ademais, as sospeitas de que están en España aumentan ao saber que o matrimonio sabe falar castelán con fluidez.

    Anka e Luka Ule. FINDJULIJA.COM

    O irmán de Anka Ule falou con ela por teléfono 11 días despois de desaparecer e díxolle que “ela e Luka estaban en España facendo rutas de montaña”. Ao ser preguntada por Melisa e Julija, “ela negou coñecelas”. “Despois desta chamada, os teléfonos de Anka e Luka volvéronse inalcanzables e xa non podemos chamalos”.

    Peter supón que a súa filla e Melisa atópanse co matrimonio Ule, pero non é necesario. El afirma que “podería ser máis facil atopar á parella porque non teñen un motivo real para esconderse”.

    Melisa Smrekar. FINDJULIJA.COM

    Melisa só levou con ela os seus documentos persoais e os de Julija. Ademais, leva en contacto con Lana Praner desde 2013. Lana Praner é a lider da secta Lana Praner con los Señores. Dise que a secta ten comunas por toda Europa, polo que Melisa e Julija poderían atoparse nunha.

    Peter afirma que Melisa está convencida de que, ao escaparse, “salvou a vida dela e a de Julija”, porque a muller é firme crente de varios bulos que circulan polas redes sociais como o do 5G e o dos microchips nas vacunas da COVID-19.

    “Eu teño a custodia total de Julija e preocúpame moito o desarroio de Julija desde que desapareceu. É moi importante que regrese o antes posible ao seu entorno familiar, á escola, coa súa familia e amigos. Non me podo imaxinar como vive agora e todo o que ten que soportar. Estou seguro de que o seu día a día agora mesmo é de mala calidade, sobre todo porque teñen que estar agochadas e sen cartos. Tamén me preocupa a súa saúde e que pasaría se enferma.”

    Peter Pogačar

    Recompensa económica

    A familia de Julija ofrece un premio de 10.000 euros pola información que os leve a Julija e que os permita levala a casa sá e salva.