Etiqueta: TV
-

Morre aos 82 anos María Teresa Campos, a ‘raíña das mañás’
Adicou toda a súa vida á radio e á televisión
(máis…) -
Mediaset compra os dereitos de emisión da Kings League
Emitirá o partido máis importante de cada xornada das competicións masculina e feminina por Cuatro.
-

Xa se coñecen os participantes do Benidorm Fest 2023
O ano pasado estreouse o Benidorm Fest, un festival creado coa intención de elixir un candidato que nos leve á gloria en Eurovisión. Chanel, non exsenta de polémica, saíu como a opción gañadora e quedou terceira no festival eurovisivo.
Este ano volveráse celebrar o festival e onte RTVE anunciou aos 18 participantes.
Agoney
O artista canario ten unha das voces máis potentes e versátiles do panorama musical español.
E’FEMME
Despois das Tanxus chegan as E’FEMME. Música, voz, rap, danza, visuais, moda… a girlband intentará sorprender coa súa mestura de xéneros.
FUSA NOCTA
É a gran promesa feminina da escena urbana e este verán triunfou nos festivais de toda España.
Blanca Paloma
Cara coñecida do Benidorm Fest, volve presentarse coa intención de volver a chegar á final e esta vez ir a Eurovisión.
Aritz Aren
Comezou a súa carreira artística pero, lonxe de conformarse con iso, decidiu mostrar a súa vocación e talento como cantante.
Rakky Ripper
É unha das pioneiras do hyperpop en España. A súa música transgresora, irreverente e orixinal non deixarán indiferente a ninguén
Alfred García
Quen puidera imaxinar que volver a Alfred García en Eurovisión podería ser real.
Sofía Martín
A súa música está influenciada por unha mestura de ritmos latinoamericanos contemporáneos e ritmos electrónicos.
Alice Wonder
Irrumpiu con forza na escena musical mostrando unha gran madurez artística
Famous
Sabe o que é gañar un concurso, pois foi o gañador de Operación Triunfo. Será o gañador do Benidorm Fest?
Megara
Entre tanto solista haberá algunha banda. Como Megara, mestura de tenebrosidade, chucherías e fucsia.
Vicco
É unha das cantantes da música independente con maior proxección no noso país. É compositora, pianista e produtora musical.
Twin Melody
Para este Benidorm Fest, TikTok vai estar ardendo, pois entre os participantes están as Twin Melody, dúas xemelgas moi famosas na rede social.
José Otero
Formouse nunha das academias máis prestixiosas de Reino Unido e triunfou nun talent musical en México. Agora será o turno de triunfar en España?
Sharonne
É a raíña do Benidorm Fest. Esta drag queen promete traer un gran espectáculo coa súa voz.
Karmento
Podémola definir como a versión en solitario das Tanxugueiras, pois levará a Benidorm os sons folk e a música tradicional.
Siderland
O ano pasado quedaron ás portas de participar no Benidorm Fest, pero este ano conseguírono. Terá éxito a segunda oportunidade?
Este sábado RTVE emitirá en prime time un programa especial coa presentación oficial dos participantes. O programa será conducido polos galegos Julia Varela e Rodrigo Vázquez.
O 31 de xaneiro e o 2 de febreiro realizaránse as semifinais e, o 4 de febreiro, será a final.
-

O futbolista do Betis Joaquín reventa as audiencias co seu novo programa
O futbolista do Betis Joaquín estreou a pasada noite o seu novo programa ‘Joaquín el novato‘, no que se estreou como entrevistador. No seu primeiro programa conseguiu un 29,5% de cuota de pantalla deixando en ridículo ás demais ofertas televisivas da noite.
Ademais, foi o cuarto mellor estreo nos últimos 10 anos na televisión española despois de Rocío, contar la verdad para seguir viva (33,2%), Cantora: la herencia envenenada (31,5%) e La Voz (30,6%).
Audiencias en Prime Time
Antena 3
El Hormiguero: Los Morancos 21,7% 3.012.000 Joaquín, el novato: Dabiz Muñoz 29,5% 3.015.000 Telecinco
Pesadilla en el Paraíso (primeira gala en mércores) 10,2% 943.000 La 1
Mapi 5,3% 739.000 Cine: Un ladrón honesto 5,8% 716.000 Cine: Killerman 4,9% 270.000 Cuatro
First Dates (repetición) 5% 626.000 First Dates 7,6% 1.049.000 Cine: Logan 5,3% 398.000 laSexta
El Intermedio 7,2% 993.000 El Objetivo 3,8% 435.000 La 2
Mi casa flotante 1,9% 247.000 Documaster 1,6% 221.000 Cine: Manda huevos 2% 187.000 -

Esta noite emítese o programa de Calleja na Rapa das Bestas
Hoxe ás 22.50 horas emitiráse en Cuatro o programa Volando Voy, que presenta Javier Calleja. Nel, visitará a Rapa das Bestas de Sabucedo e entrevistará a persoeiros importantes do concello como Chelo do Rejo.

