Etiqueta: vento
-

O 112 rexistra 916 incidencias desde luns
O temporal de chuvia, neve, vento e mala mar provocado polas borrascas Gerard e Fien deixou en Galicia 916 incidencias desde o luns. A maioría foron por caídas de árbores e ramas, pero tamén está o afundimento dunha estrada en Campañó no que un coche caiu e a condutora resultou ferida leve ou os diferentes anegamentos que afectaron vivendas e obrigaron a desaloxar a varias familia en Begonte. Eses mesmos anegamentos obrigaron a cortar a Nacional Sexta e o tráfico ferroviario polo concello.
Tamén houbo que cortar durante dúas horas a A-6 polas nevaradas. Outras estradas autonómicas e provinciais están cortadas polo mesmo motivo.
Relacionado
O aviso vermello por ondas deixou ondas superiores aos 8 metros de altura e os refachos de vento pasaron dos 100km/h na Coruña.
A situación para mañá non se prevé que mellore e suspendeuse o transporte escolar para 18 centros educativos da montaña de Lugo e Ourense.






