Moitas das marcas foron invalidadas polo vento
(máis…)Etiqueta: Vigo
-

As 7 principais cidades galegas terán debate
A CRTVG ofrecerá a partir de luns os debates pola TVG, RG e web. Celebraránse de 10.00 a 10.45h.
-

ÚLTIMA HORA: Alomenos 2 mortos e 3 desaparecidos ao caer un autobúas ao río Lérez en Cerdedo-Cotobade
Alomenos 2 persoas morreron e 3 están desaparecidas tras a caída dun autobús ao río Lérez ao seu paso por Cerdedo-Cotobade.
O accidente tivo lugar sonre ás 21.35 horas deste sábado, cando un autobús da empresa Monbus da liña regular entre Lugo e Vigo caiu ao río á altura do quilómetro 67,5 da N-451, na parroquia de Pedre.
Os bombeiros puideron rescatar con vida ao condutor do vehículo e a unha muller, mentras atopouse a dúas persoas falecidas e tres persoas atópanse desaparecidas.
Ata o lugar desprazáronse efectivos de Emerxencias A Estrada, Bombeiros do Deza, Bombeiros de Pontevedra, Bombeiros de Ribadumia, Protección Civil de Cerdedo-Cotobade e ambulancias do 061.
-

5 ANOS DESDE QUE ARDEU GALICIA: Vigo conmemora o aniversario do incendio que afectou aos seus montes
O 15 de outubro de 2017 o lume chegaba a Vigo cidade. Ringleiras de persoas axudaban con caldeiros na extinción das lapas dun incendio que calcinou 600 hectáreas de arboredo.
A mancomunidade de Valadares levaba 30 anos traballando para construir un anel verde de 50 quilómetros. O seu presidente lembra como tivo que desaloxar algunhas persoas que facían fotos no montte aquela noita e logo fuxir correndo das lapas.
No acto conmemorativo estivo o director xeral de ordenación forestal, que dixo ter a man tendida para apoiar a mancomunidade na xestión do monte.
Tamén gabou a xestións dos montes de Vigo, dos que goza moita cidadanía. A representante municipal Uxía Blanco leu un poema de Serrat co que lembrou que sen árbores e sen abellas non haberá mel.
GUÍA BÁSICA PARA ENTENDER OS INCENDIOS FORESTAIS (artigo PHD)
Un venres 13 de outubro no ano 2017 comezaba a última vaga de incendios de importancia. Ao mediodía do domingo 15 había 140 incendios activos (60 máis que a primeira hora). Producíronse cambios brusco do vento por culpa dos restos do furacán Ophelia. Os municipios máis afectados foron os de Pazos de Borbén, As Neves, Salvaterra de Miño, Baiona e Gondomar. O lume chegou á cidade de Vigo, onde os veciños fixeron cadeas humanas para parar os efectos do lume. Ademais houbo que despregar medios para evitar que entraran máis lumes desde Portugal. Na vaga de incendios faleceron 2 persoas en Chandebrito (Nigrán) intentado fuxir das lapas, outra en Vigo e unha última en Carballeda de Avia.
Ler entrada completa -

GRÁFICA: Días calurosos en Galicia. A temperatura no teu concello
Realización propia. Fonte: AEMET Durante os próximos días Galicia vivirá unha situación de tempo cálido no que as temperaturas superarán os 30º en varios concellos.




