Etiqueta: violencia machista
-

“É mellor que vos preñen e adiquédesvos a outra cousa”. Saen á luz máis casos de machismo no deporte español
Quen denunciou foi despedida
(máis…) -

Un garda civil mata á súa exparella en Bruxelas
Un garda civil asasinou hoxe en Bruxelas á sua exparella, unha enfermeira vallisoletana de 23 anos.
O home desprazouse á capital belga para intentar volver coa súa exparella, que residía nesa cidade. Ante a negativa da muler, matouna, segundo parece, cunha arma branca e, posteriormente, intentou suicidarse tirándose por unha ventá. A vítima chamábase Teresa Rodríguez Llamazares e era filla dun funcionario municipal do Concello de Valladolid, Juan Rodríguez, que se xubilaba este venres, segundo informou o Consistorio.

O Concello de Valladolid convocou un minuto de silencio e o alcalde como o resto da corporación concentráronse na Praza Maior para expresar a súa solidariedade co funcionario municipal e manifestar a repulsa pola morte violenta da súa filla.








