Etiqueta: voto

  • A Xunta Electoral Central amplía o prazo para votar por correo

    A Xunta Electoral Central amplía o prazo para votar por correo

    A Xunta Electoral Central anunciou que o prazo para votar por correo amplíase ata mañá venres ás 14.00h. Esta decisión chega tras a solicitude realizada por Correos para que os electores que aínda non puideran recoller a documentación por cambio de domicilio ou outra circunstancia poida exercer o seu dereito ao voto.

    Segundo os datos ofrecidos polos sindicatos, o 91% dos 2,6 millóns de españois que solicitaron o voto por correo xa votaron. Aínda así, a primeira hora da mañá faltaban 230.000 persoas por votar.

    Amais, Correos indicou que 170.000 cidadáns aínda non pasaron pola oficina para recoller a documentación. Este xoves todas as oficinas abrirán ata ás 22.00h con opción de alongar o horario ata que voten todos os que estean na cola.

  • Récord de solicitudes de voto por correo

    Récord de solicitudes de voto por correo

    Correos admitiu máis de 2,6 millóns de solicitudes de voto por correo para estes comicios do 23 de xullo. Estas cifras supoñen un 94,71% máis que nas últimas Eleccións Xerais o 28 de abril de 2019 e un 80,45% respecto ás eleccións do 26 de xuño de 2016 que, ata o momento, marcaban o récord histórico de solicitudes de voto por correo.

    Correos repartirá ata o domingo a documentación electoral para que os cidadáns poidan votar ata o xoves 20 de xullo. Se vostede vai realizar un cambio de dirección, pode solicitar a través da web do Censo Electoral a reexpedición da documentación en calquera oficina de Correos a outra dirección ou a outra oficina de Correos.

    Se non pode acudir ás oficinas de Correos pode autorizar a outra persoa para que llo entregue ela. Neste caso debe entregar unha autorización (debaixo destas liñas atopará o modelo que ofrece Correos) e unha fotocopia dalgún documento identificativo (DNI, pasaporte, permiso de conducir…) do votante e do que entrega o voto.