Etiqueta: Xunta de Galicia
-

Desaloxadas varias aldeas de Baleira e da Fonsagrada pola proximidade do lume ás casas no que é o primeiro gran incendio forestal do ano en Galicia
O incendio declarado martes en Baleira (comarca da Fonsagrada) calcinou xa tería calcinado 700 hectáreas e trataríase do primeiro gran incendio forestal do ano en Galicia. Desaloxáronse variaas aldeas de Baleira e da Fonsagrada pola proximidade do lume ás casas, polo que tamén se activou a situación 2. Ata o momento mobilizáronse para controlalo 3 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 13 motobombas, 1 pa, 2 avións e 3 helicópteros.
O Presidente da Xunta de Galicia afirmou nun chío que “a prioridade é a atención aos desaloxados e pedir máxima precaución aos afectados” e que “non pararemos ata extinguilos non ata saber as causas”.
Relacionado
Ademais, ao longo da xornada deste mércores declaráronse varios incendios forestais na nosa comunidade: no concello lugués de Taboada arderon, segundo os últimos datos da Consellería de Medio Rural, 20 hectáreas; en Alfoz, 70 hectáreas; en Entrimo arderon 10 hectáreas no Parque natural da Baixa Limia-Serra do Xurés, en Viveiro queimáronse 80 hectáreas nun incendio xa estabilizado e, en Viana do Bolo, logrouse controlar un incendio que calcinou 70 hectáreas.
Fóra de Galiza, en Asturias tamén están vivindo unha situación moi complicada e xa arderon varias vivendas e hai 4 desaloxados. A UME despregouse para axudar nas labores de extinción dos incendios que, na súa maioría, son pequenos conatos.
Situación perfecta
A virulencia destes incendios non é casualidade, pois estamos ante xornadas de calor, escasa chuvia e fortes refachos de vento. Ademais súmase que os nosos montes están moi mal coidados.
-

Situación esperanzadora para os estradenses atrapados no Perú
Os estradenses atrapados no Perú polas manifestacións que se están a suceder no país teñen esperanzas de regresar nos vindeiros días a España.
Tania Míguez, Luis Ángel Carbia, Tania Domínguez e Yago Saborido realizaron unha camiñata de 10 horas polas vías do tren desde Aguas Calientes ata Ollantaytambo. Desde alí, e grazas á colaboración local, puideron chegar a Cuzco, onde teñen o hotel.
A intención dos estradenses é coller mañá un avión entre Cuzco e Lima – ao parecer o tráfico aéreo interno xa se retomou- e o luns coller o avión que os levará desde a capital peruana ata Madrid.
Os mozos agradecen a colaboración do Departamento de Emigración da Xunta de Galicia e do alcalde da Estrada, José López Campos, que estiveron en contacto con eles “en todo momento”.
