Etiqueta: Zelensky

  • Putin ten minada a central nuclear máis grande de Europa, segundo Ucraína

    Putin ten minada a central nuclear máis grande de Europa, segundo Ucraína

    As autoridades ucraínas atópanse en alerta máxima dado que Rusia podería voar a central nuclear de Zaporiyia, en Ucraína. Esta central é a máis grande de Europa e, segundo Zelensky- o presidente de Ucraína-, a comunidade internacional non presta a atención suficiente á “ameaza rusa” sobre esta central. Segundo afirmou, compartiu esta inormación cos socios de Ucraína para “previr calquera accidente de radiación”.

    O pasado venres o xefe da intelixencia militar ucraína, Kyrylo Budanov, alertou de que Rusia estaría preparando un ataque a dita planta nulear. Segundo comentou nunha entrevista na revista New Statesman, Rusia xa tería rematado os preparativos para atacala en caso de darse algunha das dúas posibles situacións.

    A primeira situación sería facela estourar no momento no que Rusia perda o control sobre a beira esquerda do río Dniéper. Deste xeito, crearíase unha zona de destrucción e exclusión que pararía a contraofensiva ucraína.

    O segundo escenario sería empregar o desastre nuclear como “medida preventiva” antes de que comezara a contraofensiva dos invadidos.

    Para levar a cabo isto, detallou Budanov, o Kremlim minou as plantas de enfriamento da central, polo que os reactores poderían derreterse nun prazo de 10 horas a 14 días. Ademais, terían trasladado vehículos explosivos a catro das seis unidades de potencia da central. “A situación nunca foi tan grave como agora”, asegurou.

    Como consecuencia, o Ministerio de Interior ucraíno ten a tarefa de preparar a poboación para aprender a responder ante unha posible catástrofe nuclear.