Tras unha semana de reunións con 41 propietarios de fincas, o Concello desvelou que o desarrollo da Avenida de América tirará abaixo 4 vivendas (2 delas habitadas). Por iso, a última reunión de onte foi cos propietarios das vivendas.
As vivendas atópanse no Camiño da Caldesiña (o camiño que vai entre a rúa Antón Losada Diéguez e o Cruceiro). No marxe esquerdo da rúa hai unha casa de pedra habitada e, no dereito, hai 3 vivendas (1 alugada e 2 deshabitadas). As 4 edificacións serán derrubadas para a construción dun vial que comezará no Cruceiro e para o que tamén haberá que derrubar parte dun muro de pedra para dirixirse á Travesía de América.
Gonzalo Louzao, edil de urbanismo, explicou aos propietarios que o valor das súas vivendas determinaráse en función do valor de construción actual e o seu estado de conservación (o que faría unha inmobiliaria para vender a vivenda). Louzao explicou que non hai maneira posible de manter ditas edificacións no proxecto e que o derrubamento vén marcado xa polo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). Xa no PXOM se prohibira a comstrución de novas vivendas na zona.
Tampouco serán as únicas perdas de terreo neste proxecto, pois os propietarios de edificios que teñen fachada na Avenida de América perderán prácticamente por completo a finca traseira que teñen.
Así será o desarrollo da Avenida de América

O desarrollo da Avenida de América será o segundo desarrollo baixo o amparo do PXOM e o primeiro de promoción pública (o outro, o da Avenida de Pontevedra, é de promoción privada). O proxecto xa vai con anos de demora.
Nel, ampliaránse as rúas Forcarei e Cerdedo (a do Mister Pizza e a paralela), completaránse a rúa Bernardo Rodríguez e a 2ª Travesía de América e haberá un vial de servizo por detrás das vivendas traseiras da Avenida de América. Tamén se proxecta unha alameda de 15 metros de ancho, zonas para edificar con 3 plantas e baixo cuberta e, no terreo que se ía empregar para a construción do novo centro de saúde (finalmente construído na Baiuca), poderíase crear un parque mantendo a área boscosa actual.
Os trámites administrativos durarían entre 3 e 4 anos e, despois, comezaría a comstrución deste proxecto.
Imaxe: Faro de Vigo


Deixar un comentario