Publicidade

Etiqueta: Cerdedo

  • Mantéñense as cifras de paro na comarca

    Mantéñense as cifras de paro na comarca

    A Xunta de Galicia publicou as cifras de paro nos concellos de Galicia. Na comarca de Tabeirós-Terra de Montes as cifras só baixaron nunha persoa. Por concellos, A Estrada conseguiu baixar da cifra dos 800 parados ao ter dous desempregados menos, Cerdedo mantense nos 58 parados e, Forcarei, sube un ata os 95.

    Gráfico interactivo. Pulse no nome dos meses para retiralos/mostralos na gráfica. // Rubén Rosende

    Por sectores, é o dos servizos o que máis parados aporta (645), seguido da industria (118), da construcción (75), dos cidadáns que buscan o seu primeiro emprego (67) e da agricultura e pesca (46). O concello que máis aporta en todos os casos é o da Estrada.

    Gráfico interactivo. Pulse no nome dos concellos para retiralos/mostralos na gráfica. // Rubén Rosende

    En canto ás idades, só hai 29 menores de 25 desempregados. Amais, hai 547 mulleres maiores de 25 anos sen emprego e 375 homes maiores de dita idade.

    Gráfico interactivo. Pulse no nome dos concellos para retiralos/mostralos na gráfica. // Rubén Rosende
  • Cerdedo festexa na honra do Divino Ecce-Homo e da Virxe das Dores

    Cerdedo festexa na honra do Divino Ecce-Homo e da Virxe das Dores

    Este venres 28 continuarán os actos das festas de Cerdedo na honra do Divino Ecce-Homo e da Virxe das Dores. Os festexos comezaran o sábado co concerto de Mercedes Peón.

    O venres haberá unha verbena a cargo de París de Noia e Unión y Fuerza. O sábado, a mañá comezará cun pasarrúas a cargo do Grupo de Gaitas Os Abrentes de Cerdedo. Ás 12.00h oficiaráse unha misa solemne cantada polo coro parroquial. A partir das 18.00h a Charanga OT amenizará as rúas. Pola noite actuarán o Grupo Tania Veiras e Diskoteca co DJ JJ Compota. Á 1 da madrugada tiraránse fogos de artificio.

    O domingo ás 12.30h oficiaráse unha misa cantada polo coro parroquial. A Banda de Música de Cerdedo amenizará as rúas da localidade antes da misa e dará un concerto ás 20.00h na Praza do Concello. A partir das 22.00h celebraráse a última verbena da edición da man do Trío Tic Tac.

  • Mercedes Peón actuará en Cerdedo-Cotobade

    Mercedes Peón actuará en Cerdedo-Cotobade

    Este sábado a partir das 22.30h a cantante Mercedes Peón actuará na Praza do Concello de Cerdedo. Esta actuación está enmarcada no proxecto Cerdedo-Cotobade en Sons.

  • Accidente con atrapados en Cerdedo-Cotobade

    Accidente con atrapados en Cerdedo-Cotobade

    Sobre ás 19.30h o 112 recibiu un aviso dun accidente con atrapados en Pedre (Cerdedo-Cotobade). O vehículo caeu por un terraplén e, finalmente, os ocupantes conseguiron saír polo seu propio pé. Os accidentados foron atendidos polo 061. Ata o lugar tamén se desprazaron Emerxencias A Estrada, os Bombeiros de Silleda e Protección Civil de Cerdedo-Cotobade.

    Tal e como se mostra no mapa de incidencias do 112, o accidente produciuse na N-541, a poucos metros de onde este Nadal un autobús caeu ao río Lérez.