Tras varias semanas de longos e duros enfrontamentos, o grupo Wagner anunciou esta noite que tomaron a cidade ucraína de Bakhmut. Aínda así, as tropas locais aínda permanecen nos barrios occidentais da cidade. Segundo a información aportada por cada bando, os rusos terían o control do centro da cidade e da Administración.
Polo momento, Ucraína non recoñece a vitoria rusa.
Tribunais rusos en territorios ucraínos anexionados
O presidente ruso, Vladímir Putin, firmou o paquete de leis que establecen a creación de tribunais en Donetsk, Lugansk, Khersón e Zaporiyia, os territorios anexionados polos rusos.
Unha detida por realizar un atentado en San Peterburgo

As forzas de seguridade rusas detiveron este luns a Daria Trepova, principal sospeitosa de realizar un atentado nunha cafetería de San Petersburgo no que morreron unha trintena de persoas, entre elas o blogueiro militar prorruso Vladlen Tatarski.
“Baixo sospeita de participación na explosión dun café en San Petersburgo, os empregados do Comité de Investigación de Rusia, xunto cos servizos operativos, detiveron a Daria Trepova”
Comité de Investigación, vía Telegram
Trepova, unha moza de 26 anos fora declarada en busca e captura este domingo polo Ministerio do Interior de Rusia. A policía arrestou a varios dos seus familiares para que axudaran a localizar a moza.
Segundo informaron medios rusos, Trepova foi arrestada no apartamento dun amigo do seu marido, cortara o pelo e tiña billetes de avión a Uzbekistán para fuxir do país.
Os informes policiais revelan que Trepova mantivera conversacións por mensaxe con Tatarsky antes do atentado e que tamén asistira a outros eventos nos que participou.
Russia Today informou de que o marido de Trepova, Dmitry Rylov, é un disidente ruso que se estableceu no estranxeiro para fuxir da movilización ordeada por Putin para combater en Ucraína. Ademais, é un dos firmantes do movemento Liberdade para Navalny, que pide liberdade para o opositor ruso Alekséi Navalni.
As autoridades rusas relacionan a Trepova cos servizos de intelixencia de Ucraína, a quenes responsabilizan de estar detrás do atentado.


Deixar un comentario