Transcripción
Hoxe é martes 4 de abril e este é o Flash PHDnoticias.
Xuízo histórico nos Estados Unidos: Donald Trump comparece ante un xuíz acusado de 30 cargos por pagarlle a unha actriz a cambio de non revelar que mantivo supostas relacións co expresidente fai 20 anos. Trump convértese así no primeiro expresidente acusado nun caso criminal.
Finlandia xa entrou na OTAN. Deste xeito convértese no aliado número 31 desta organización. Falta a anexión de Suecia debido a que Turquía opúxose. Rusia xa anunciou que tomaría contramedidas.
Rexistro policial na sede do PP europeo por un caso de corrupción en Alemaña para as eleccións europeas de 2019.
A Xunta e Enagás asinan o pacto para construír o hidroduto entre Guitiriz e Zamora. A súa construción custará 250 millóns de euros e prevese que estea operativo en 2030.
Activan controis ante a rotura dunha balsa de áridos que chegaron ao río Tambre. Polo momento non hai problemas nos concellos afectados.
Xa se pode solicitar o voto por correo para as eleccións do 28 de maio.
O 19 de abril haberá Asamblea Extraordinaria polo caso Negreira na Liga.

Deixa unha resposta