A vitoria do Estradense ilumina unha xornada con menos sorte para os demais equipos estradenses

A vitoria do Estradense ilumina unha xornada con menos sorte para os demais equipos estradenses

Estradense 3 · 1 Barco

Os de Manuti volverán estar nos playoffs de ascenso a 2ª RFEF tras unha vitoria ante o Barco que se produciu nos últimos 20 minutos de partido despois de estar xestándose durante todo o encontro. No minuto 5 Landeira marcaba o primeiro tanto e Noel Álvarez empataba oito minutos despois. Xa na segunta parte, o gol de Gerard (74′) e o penalti de Dani Pedrosa (90′) permitiron a festa.

O Estradense rematou cuarto, polo que se enfrontará ao Atlético Arteixo (3º) nos playoffs de ascenso.

Campo Lameiro 3 · 0 SP Estrada

A sorte non correu do lado do SP Estrada. No minuto 1 viron como lles anotaban o primeiro tanto. Os dous restantes serían no treito final do partido. A falta dunha xornada, seguen 12º, con posibilidades de rematar un posto por diante.

Val do Ulla 1 · 1 Vea

Tras encadear varias derrotas consecutivas, o Vea conseguiu sumar un punto que o alonxa, aínda que non o suficiente, do descenso. No minuto 16 o Val do Ulla poñíase por diante. No minuto 30 Javier Chenel marcaba o gol do empate. Só queda unha xornada e atópase 3 puntos por diante do descenso.

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo