FLASH PHDnoticias: 5 de abril| Tírase coa súa filla desde un quinto piso

Este é o Flash PHD noticias contando o que pasou este mércores 5 de abril.

Unha nai lánzase desde un quinto coa súa filla de 5 anos para evitar que a rapaza vaia de vacacións de Samana Santa co seu pai. A nai atópase crítica e a filla non sufriu lesións de gravidade. A avoa materna foi atopada na bañeira da súa vivenda tras autolesionarse e, o avó, atópase detido coa exparella da muller despois de que pelexaran onte á noite. A muller que se tirou ao baleiro estivo varios anos no sistema VioGén, pero saiu do sistema ao non interpoñer máis denuncias por violencia de xénero.

Golpe ao tráfico de heroína: 24,5 quilos comisados e dous detidos en Nigrán.

Nova condena ao Sergas. O TSXG confirma a indemnización a unha doente por mor da “falta de consentimento informado e mala praxe” nunha operación de xeonllo á que foi sometida para implantarlle unha prótese, que resultou ser “sobredimensionada e incompleta”.

Detido un rapaz de 14 anos por planear un atentado terrorista en Francia. Nos rexistros levados a cabo tras a súa detención atopáronse artefactos artesanais.

Ana Peleteiro rompe o seu silencio e responde a un membro de VOX que criticou que a atleta criticase a Ana Obregón por traer ao mundo á súa neta por xestación subrogada. Segundo o político, Peleteiro foi comprada polos seus pais e pideulle que ensinara canto lle custou aos seus pais traela a España. Peleteiro lembrou que ela naceu na Coruña e que a adopción nacional é 100% gratuíta.

Na nova ABAU, que se implementará en 2024, as faltas ortográficas descontarán 0,25 e os acentos contarán como media falta. Ademais, os exercicios van ser menos memorísticos e piden aos mestres de matemáticas que non poñan ceros a non ser que o exercicio estea en branco.

A deportista sub-17 do club Bádminton A Estrada, Iziar Barcala, foi seleccionada polo combinado de España sub-19 para acudir á concentración que se celebrará en Madrid do 4 ao 7 de maio.

O Real Madrid golea 0-4 ao Barcelona. Benzema foi o rei deste partido cun triplete. Tras esta victoria, o Real Madrid pasa á final da Copa do Rei.


E agora queremos que escoiten as seguintes declaracións. Foron pronunciadas nun pódcast formado por estudantes de universidades privadas.

Comentarios

Deixar un comentario