Este xoves será o lanzamento do Twitter de Meta

Este xoves será o lanzamento do Twitter de Meta

Twitter está en horas baixas e Mark Zuckenberg, propietario de Meta, sábeo. Por iso este xoves lanzará Threads. Esta aplicación nace co obxectivo de que os cada vez máis frustrados usuarios de Twitter marchen da aplicación de Musk.

Threads funciona igual que Twitter: podes escribir algo e publicalo, responder, darlle a gústame, rechouchialo e compartilo con outras persoas ou a través dalgunha aplicación externa. Tamén podes subir multimedia e seleccionar quen o pode ver: todos, a quen segues ou só os mencionados.

Threads traballa con Instagram e, de feito, defínese como “a aplicación de conversacións baseadas en texto de Instagram”. Nas capturas da App Store vemos como pon que podemos iniciar sesión con dita aplicación e que podes seguir ás mesmas contas que en Instagram.

De momento só a podemos atopar na App Store e cun anuncio de que se poderá descargar “próximamente”- posiblemente a partir de xoves. Estará dispoñible en 30 idiomas, entre os que se inclúe o español.

Comentarios

Deixar un comentario