Dous días de música tradicional en Couso

Dous días de música tradicional en Couso
A parroquia celebra unha nova edición do seu As Nosas Músicas.

O vindeiro domingo 13 dará inicio a XXXVI edición do festival As Nosas Músicas de Couso (A Estrada). 11 agrupacións de música tradicional citaránse nun completo programa de música que durará 2 días.

O domingo o festival arrancará coa sesión vermú a cargo da Requinta de Carcacía. A partir das 16.30h haberá un obradoiro infantil de Instrumentos musicais a cargo de Oli Xiráldez e, media hora despois, inauguraráse a I Mostra de Artesanía As Nosas Músicas. A partir das 17.30h a música soará a cargo de Galega de Bailabes, Retranqueiras, Silandeiras, Bouba e Requinta da Laxeira.

O luns celebraráse ás 12.30h un obradoiro de toques de campás. O evento terá lugar na Igrexa de Couso e estará impartido pola Asociación dos campaneiros de Galicia. Ás 14.00h dará inicio a sesión vermú a cargo de Faiscas da Pontragha. Pola tarde haberá xogos tradicionais, un espectáculo de títeres e unha iniciación ao baile tradicional a cargo de Nuria Gesteira. Xa pola noite, actuarán as agrupacións Melidaos, Coanhadeira, Carunchos, Tiruleque e Art-Monium e entregaráse o VI Premio As Nosas Músicas á Asociación Xermolos-Festival de Pardiñas.

Horarios
Domingo 13

14.00h // Sesión vermú a cargo de Requinta de Carcacía.
16.30h // Obradoiro infantil de instrumentos musicais (Oli Xiráldez)
17.00h // Inauguración da I Mostra de Artesanía As Nosas Músicas
17.30h // Ruada con:

  • Galega de Bailables
  • Retranqueiras
  • Silandeiras
  • Bouba
  • Requinta da Laxeira
Luns 14

12.30h // Obradoiro de toques de campás, na Igrexa de Couso (Asociación dos campaneiros de Galicia).
14.00h // Sesión vermú a cargo de Faiscas da Pontragha.
17.00h // Xogos tradicionais na música e na festa.
19.00h // Títeres: O galo quirico e os seus amigos/amigas (Seisdedos).
20.15h // Iniciación ao baile tradicional (Nuria Gesteira).
21.30h // Actuacións de:

  • Melidaos
  • Coanhadeira
  • Tiruleque
  • Art-Monium, animación a pé de pista

// Entrega do VI PREMIO AS NOSAS MUSICAS a: Asociación Xermolos-Festival de Pardiñas. Entrega Xaneco Tubío, presidente da AGG (Asociación do baile e a música de tradición galega)

O día 14 un bus do Exprés de Vea realizará a ruta Praza da Farola (A Estrada) – Pontevea – Campo da Festa a partir das 21.00h e a ruta de regreso ás 4.30 e ás 6.00h. Amais, haberá unha zona de acampada e bastante zona de aparcadoiro.

Para comer, haberá unha zona gastronómica con diferentes posibilidades culinarias e empregaránse Ecovasos, que custarán un euro.

Ubicación
Ubicación // As Nosas Músicas

Comentarios

Unha resposta a “Dous días de música tradicional en Couso”

  1. […] domingo 13 e luns 14 celébrase en Couso o As Nosas Músicas, que fai de previa dos dous días de festas patronais na parroquia, que se celebran o 15 e o […]

    Gústame

Deixa unha resposta a Dous días de festas patronais en Couso – PHDnoticias – O Xornal da Estrada Cancelar a resposta