O PSOE da Estrada denunciou a través das redes sociais o estado da pista que é a principal vía de acceso ás vivendas da aldea de Mato, en Berres (A Estrada). Tal e como contan, o firme atópase en mal estado e os veciños tiveron que realizar, cos seus propios medios, labores de desbroce para “evitar a propagación do lume e a proliferación de fauna salvaxe na proximidade ás vivendas”. Amais, solicitan a colocación dun espello no acceso á vía pública pola mala visibilidade.

Deixar un comentario