O proceso retrasárase por falta de persoal.
O Concello da Estrada ten previsto activar esta semana as brigadas forestais. Nun principio estaba previsto que houbese dúas brigadas formadas por un xefe de brigada, un condutor e tres peóns, pero unha das brigadas só terá dous peóns.
O proceso de activación retrasouse debido a que houbo que ampliar o prazo de selección de peóns xa que varios dos candidatos non pasaron o control médico ou renunciaron á súa praza para ir a outro concello. Na nova convocatoria presentáronse dous candidatos a peón e o luns pasaron a primeira fase e, o mércores, realizarán o control médico. No caso de que o superen, xa se activarán as brigadas.
Desde o BNG lamentaron que as brigadas aínda estean sen constituír en plena vaga de calor e que cada ano constitúense máis tarde. Tamén pediron melloras nas condicións laborais, nas que se inclúe un aumento do soldo, e facer listas de contratación máis longas, o que permitiría “manter o noso rural limpo e máis seguro fronte ao lume, especialmente os núcleos de poboación preto de eucaliptais descoidados ou bosques de maleza que son combustible para os incendios nesta tempada estival”.

Deixa unha resposta