Publicidade

Rouban en 5 vehículos aparcados en garaxes da Estrada

Os amigos do alleo roubaron en, polo menos, cinco vehículos estacionados en tres garaxes diferentes. Os roubos producíronse na madrugada do domingo ao luns nas rúas Antón Losada Diéguez, Avenida de Santiago e Avenida Benito Vigo.

O modus operandi foi o mesmo en todos os casos: os ladróns romperon unha das ventás do vehículo para acceder ao interior deste e levar os obxectos de valor. Segundo a Garda Civil, foron máis cuantiosos os danos que os obxectos que levaron.

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo