Publicidade

O Estradense volve aos postos de playoff

Uns meses despois o Estradense volve estar en postos de playoff de ascenso tras gañarlle ao Viveiro. O Berres atópase a 2 puntos do liderato tras unha nova goleada. Sport Team e Vea perderon.

Estradense 3 – 2 Viveiro

O Estradense asaltou os postos de playoff ao vencer no seu primeiro partido no Manuel Regueiro. O marcador abriuno o Viveiro cun tanto de Sergio Cora no minuto 12. No 32 Edu empataba o partido. Aos dous minutos, Hugo Rodríguez volvía poñer o Viveiro por diante. No 45 Carabán volvía empatar o encontro, que sentenciaría Miguel Fernández no 77.

Unión 4 – 1 SP Estrada

Cinco goles nos primeiros 25 minutos. Este é o resumo do encontro que xogou o Sport Team Estrada. No minuto 1 Alejandro Piñeiro avantaxaba ao Unión e nove minutos despois Ismael Cerqueiras aumentaba a distancia. No 11 Fran Rosende anotaba o único tanto dos estradenses. No minuto 22 Alejandro Piñeiro sentenciaba o seu dobrete e, no 25, Pablo Reboiras, o partido.

Vea 0 – 8 Silleda

O Vea foi goleado na casa. Marcaron Alejandro Faílde (32′), Roi Rodríguez (34′), Nuno Pérez (45′, 89′), Diego Suárez (53′), Hugo Picáns (70′), Nuno Rivero (75′) e Álvaro Lázara (81′).

Berres 7 – 0 Vista Alegre

O Berres goleou e colocouse a dous puntos do liderato. Marcaron Sergio López (8′, 28′, 75′), Tomás Barros (22′), Elías Rey (32′), Luis Sánchez (38′) e Carlos Gómez (55′).

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo