A Xunta tramita a construción dun novo parque eólico na Estrada

A Xunta tramita a construción dun novo parque eólico na Estrada
Terá oito aeroxeradores

A Xunta de Galicia somete desde hoxe a información pública a construción do parque eólico Monte Xesteiros na Estrada. Os eólicos situaránse na zona de San Andrés de Vea, San Xurxo de Vea e Frades.

Mapa do eólico // PHDnoticias / Google Maps

Dito parque solicitouno a empresa Norvento S.L., terá unha potencia de 33MW e a produción anual estímase en 126.434MWh. Construiránse oito aeroxeradores de ata 6100kW de potencia unitaria, de ata 158 metros de diámetro de rotor e altura de buxeiro de 114 metros. Amais, no interior de cada aeroxerador haberá un centro de transformación nominal. Tamén se construirá unha subestación transformadora e unha torre meteorolóxica de ata 114 metros de altura.

Na páxina web da Consellería de Economía, Industria e Innovación pódense consultar todos os documentos. O prazo para aportar achegas e opinións remata o 22 de setembro.

Comentarios

Unha resposta a “A Xunta tramita a construción dun novo parque eólico na Estrada”

  1. […] BNG convocou para o vindeiro luns 18 unha reunión informativa sobre o parque eólico Monte Xesteiros, que afectará ás parroquias de Santo André de Vea, Frades e Santa Mariña. Na charla, que se […]

    Gústame

Deixar un comentario