… E chegou o día de quitarlle o pó á mochila

… E chegou o día de quitarlle o pó á mochila

É 11 de setembro e os rapaces galegos volveron á clase. Para uns foi a primeira vez que entraron nunha aula, para outros un simple regreso á rutina – que desaparecera coas vacacións de verán-, para algúns é o día no que cambian de centro e, para outros, o inicio do seu último curso no seu centro.

E con isto comezan un curso que se alongará ata o 21 de xuño, con vacacións incluídas: o primeiro día sen clase será o 12 de outubro (Día da Hispanidade), seguido do 1 de novembro (Todos os Santos) e a ponte do 6, 7 e 8 de decembro (Día da Constitución, Día do Ensino e Día da Inmaculada). Despois chegarán as vacacións de Nadal, que irán do venres 22 de decembro ao domingo 7 de xaneiro (ambos inclusive). No segundo trimestre do curso non terán clases o 12, 13 e 14 de febreiro polos Entroidos e, do 25 de marzo ao 1 de abril (ambos incluídos), serán as vacións de Semana Santa. No último trimestre deste curso, haberá dous días festivos: o 1 e o 17 de maio.

Pero se algo é seguro é que comeza unha época moi feliz para os pais, principalmente polos cartos que van ter que desembolsar en material e en excursións, polo que moitos xa optan por reutilizar o material do curso pasado e por quitarlle o pó á mochila.


Imaxe de portada:
IES Manuel García Barros da Estrada // Rubén Rosende / PHDnoticias

Comentarios

Deixar un comentario