A idade mínima é de 50 anos, a non ser que se teña unha discapacidade igual ou maior do 33%
Este luns abrirá o prazo para inscribirse na terceira quenda das actividades de piscina para os residentes no concello da Estrada que sexan maiores de 50 anos ou menores de dita idade cunha discapacidade igual ou superior ao 33%. O prazo para inscribirse remata o 22 deste mes.
A actividade comezará o 2 de outubro e rematará o 29 de decembro e, a inscrición, ten un custo de 20€. Os horarios a elixir son: os luns de 09.15 a 10.00h, de 16.30 a 17.15h ou de 19.30 a 20.15h; os mércores de 09.15 a 10.00h ou os venres de 09.00 a 09.45h ou de 09.45 a 10.30h. Para poder realizar un grupo é necesario un mínimo de 7 participantes e un máximo de 12.
Para realizar a solicitude, debemos entregar no Departamento de Servicios Sociais a solicitude que se pode descargar desde a web do Concello e o certificado de discapacidade se fose o caso.

Deixa unha resposta