Publicidade

Comesaña presenta en Martínez Otero as medidas destinadas a empresas e emprego

O cabeza de lista do PP pola provincia de Pontevedra, Julio García Comesaña, achegouse este luns ás instalacións de Martínez Otero na Estrada para presentaras medidas de creación de empresa e de traballo estable que aprobará Feijóo de chegar ao goberno. Fíxoo acompañada polo alcalde do municipio, Gonzalo Louzao.

Comesaña asegurou que as medidas plasmaranse a través de axudas, deduccións, normativas que outorguen seguridade xurídica e redución da burocracia. “Ás empresas hai que darlles as ferramentas necesarias para que crezan, para que sexan máis competitivas e produtivas, xa que iso mellora a socioeconomía do seu territorio e de todo o país e é clave para que os postos de traballo teñan cada día mellores condicións”, manifestou.

Entre as medidas atoparíanse a redución das cotizacións para as empresas cun maior número de traballadores fixos, a redución do imposto de sociedades a aquelas que reinvistan para o seu crecemento, o aumento das deduccións por investigación e innovación, a creación dun marco normativo empresarial estable, a revisión da lexislación que, segundo din, frea a produtividade ou os atrancos para que as empresas medren por riba dos 250 traballadores.

Apuntou que queren “empresas fortes e traballadores ben remunerados e estables”. Por iso, dixo Comesaña, temos que favorecer que as empresas teñan o mellor ecosistema para medrar, porque iso xera riqueza na súa contorna e permite que os seus empregados teñan cada día mellores condicións. Así é como España avanzará máis rápido e mellor”.

García Comesaña enmarcou a súa visita a Martínez Otero no marco dunha xira polas empresas da provincia para coñecer a súa realidade. Sinalou que a empresa estradense é un modelo de éxtio a extender por toda España. “Aquí creouse da nada, sen que chegaran cartos externos de ninguén, unha gran industria, moderna e transformadora, grazas ao esforzo e talento dunha muller e á continuidade da súa familia ata converterse nun gran polo económico e laboral do municipio”, asegurou.

Imaxe de portada: //PP

Comentarios

Deixa unha resposta