Publicidade

A Estrada encadea catro días en aviso por chuvia

A AEMET activou novos avisos por chuvia para este martes e o vindeiro mércores. Ás 6.00 horas desactivarase o aviso amarelo vixente dende este luns por acumulados de ata 60mm en 12 horas. Ás 18.00 horas activarase outro, por acumulados de 40mm en 12 horas, que se prolongará ata as 6.00 horas do mércores.

Deste xeito encadéanse catro días seguidos en aviso por chuvia, dende que o pasado domingo se activara un aviso laranxa. Cómpre sinalar que a área de aviso da Estrada abrangue o interior da provincia.

Niveis de aviso

  • Verde: Sen risco meteorolóxico
  • Amarelo: Non existe risco meteorolóxico para a poboación en xeral, pero si para algunha actividade concreta.
  • Laranxa: Existe un risco meteorolóxico importante (fenómenos meteorolóxicos non habituais e con certo grado de perigo para as actividades habituais).
  • Vermello: Risco meteorolóxico extremo (fenómenos meteorolóxicos non habituais, de intensidade excepcional e cun nivel de risco para a poboación moi alto). Non viaxe salvo que sexa estritamente necesario.

Comentarios

Deixa unha resposta