Publicidade

Carme da Silva participará nun encontro sobre a seguridade da N-640

A candidata do BNG ao Congreso e Senadora na última lexislatura, Carme da Silva, participará este xoves 19 nun encontro sobre seguridade viaria da N-640 ao seu paso pola Estrada. Será ás 17.30 horas na sede do BNG na Estrada, na Rúa Pérez Viondi. Amais dela, intervirá o candidato á Alcaldía, Marcos Borrageros.

Imaxe de portada: Carme da Silva durante a concentración pola N-640, o pasado mes de abril // Xornal da Estrada

Comentarios

Deixa unha resposta