O vindeiro sábado 14 os máis cativos da casa poderán desfrutar do espectáculo SON NO BERCE – A Cova das Letras no Teatro Principal. Este espectáculo, pensado para os rapaces de entre 0 e 3 anos, é en galego e dura 25 minutos. A entrada é de balde para os cativos e de tres euros para os acompañantes. Os convites téñense que recoller no Departamento de Cultura ou nas escolas infantís da vila.
A encargada de realizar esta actuación é a actriz Cristina Collazo. Na obra, a música, a danza e a exploración de texturas e imaxes serán a base do xogo escénico, aínda que tamén a palabra xogará un papel fundamental.
Imaxe de portada:
A actriz Cristina Collazo no espectáculo SON NO BERCE – A Cova das Letras // Concello da Estrada


Deixar un comentario