O BNG da Estrada realizou unha homenaxe aos seis estradenses que foron asasinados á altura da Ponte do Regueiro – na actual Avenida de Pontevedra – o 9 de outubro de 1936. Severino García Teijeiro, José Domingo González Boullosa, Juán Bacariza Sánchez, Ramón Muíños Lorenzo, Manuel Guillán Abalo e Jesús Froiz Gómez foron sacados do cuartel no que estaban apresados e foron asasinados. A veciñanza veu os seus corpos e foron enterrados nunha fosa común no cemiterio de Figueiroa. O xuíz Fermín Bouza Brey insistiu en levantar acta do sucedido e o párroco Nicolás Mato promoveu a dignificación dos seus cadáveres.
Os nacionalistas presentaron unha moción para que dito lugar sexa declarado como Lugar da Memoria e se leve a cabo a sinalización, explicación e difusión axeitada do espazo.
Imaxe de portada:
Homenaxe do BNG aos seis da Ponte do Regueiro // BNG da Estrada


Deixa unha resposta