A Transgalaica volverá á Estrada

A Transgalaica anunciou que, a falta de aprobación en asemblea, no calendario de 2024 repetirá A Estrada. Celebraríase o 24 de marzo, despois de Cerdedo-Cotobade (25 de febreiro) e Ames (10 de marzo) e antes de Silleda (7 de abril) e Manzaneda (21 de abril).

A edición deste ano celebrouse por un esixente trazado polas pistas do Monte Cabalar, no que Diego Álvarez impúxose cun tempo de 2 horas e 54 minutos. En segunda posición quedara Brandán Márquez, a 2 minutos e 26 segundos, e, a catro minutos do primeiro, quedou Diego Rey.

Comentarios

Deixar un comentario