Publicidade

Unha ferida ao envorcar en Santa Cristina de Vea

Unha muller resultou ferida ao envorcar sobre ás 10.25h desta mañá coa furgoneta que conducía na PO-841 en Santa Cristina de Vea. A condutora saíu coa axuda dunha veciña do lugar e non requeriu traslado.

Ata o lugar desprazáronse efectivos da Garda Civil de Tráfico de Lalín, da Agrupación de Voluntarios de Paramá Santo Andrés de Vea e Grúas Foxomotor.

Este é o segundo accidente que se rexistra no concello en 24 horas, dado que onte unha repartidora resultou ferida ao bater contra un muro no casco urbano.


Imaxe de portada:

Vehículo sinistrado // Agrupación de Voluntarios de Paramá Santo Andrés de Vea

Comentarios

Unha resposta a «Unha ferida ao envorcar en Santa Cristina de Vea»

  1. […] día seguinte, unha muller resultaba ferida ao envorcar en Santa Cristina de Vea e, o 1 de novembro, producíase un accidente múltiple en […]

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo