Unha ferida ao envorcar en Santa Cristina de Vea

Unha ferida ao envorcar en Santa Cristina de Vea

Unha muller resultou ferida ao envorcar sobre ás 10.25h desta mañá coa furgoneta que conducía na PO-841 en Santa Cristina de Vea. A condutora saíu coa axuda dunha veciña do lugar e non requeriu traslado.

Ata o lugar desprazáronse efectivos da Garda Civil de Tráfico de Lalín, da Agrupación de Voluntarios de Paramá Santo Andrés de Vea e Grúas Foxomotor.

Este é o segundo accidente que se rexistra no concello en 24 horas, dado que onte unha repartidora resultou ferida ao bater contra un muro no casco urbano.


Imaxe de portada:

Vehículo sinistrado // Agrupación de Voluntarios de Paramá Santo Andrés de Vea

Comentarios

Unha resposta a “Unha ferida ao envorcar en Santa Cristina de Vea”

  1. […] día seguinte, unha muller resultaba ferida ao envorcar en Santa Cristina de Vea e, o 1 de novembro, producíase un accidente múltiple en […]

    Gústame

Deixa unha resposta a O PSOE anuncia que intentará que a Xunta tome medidas ante a alta sinistralidade da PO-841 – PHDnoticias – O Xornal da Estrada Cancelar a resposta