Santo Tomé de Ancorados celebrará o vindeiro martes o Samaín. A partir das 21.00h poderáse comer castañas asadas e, ás 22.30h, haberá unha degustación de porco á brasa, que será asado pola Cuadrilla Manolito Tato. Ás 21.45h actuará a Asociación Cultural Tamparratán e, ás 23.00h, o dúo Explosión. Ás 00.00h a Santa Compaña realizará unha procesión polo lugar.
Haberá pulpeiro, carpa, unha tómbola e sorpresas para os mellores disfraces.
Deixar un comentario