Pouco despois das 13.00h deste mércores produciuse un accidente múltiple na PO-841 á altura de Couso. No sinistro víronse implicados tres vehículos e, un deles, saíuse da vía. Os feridos foron trasladados ao hospital.
O tráfico en dirección Santiago tívose que desviar pola estrada vella pero, tras a retirarse os vehículos implicados, o tráfico reabriuse con normalidade.
No punto do accidente estiveron Atestados de Lalín, dúas patrullas da Garda Civil de Tráfico, Mantemento de estradas, Emerxencias A Estrada e a Agrupación de Voluntarios de Paramá Santo Andrés de Vea.
Imaxe de portada:
Vehículos implicados no sinistro // Agrupación de Voluntarios de Paramá Santo Andrés de Vea


Deixar un comentario