Un accidente múltiple en Couso obriga a desviar o tráfico pola estrada vella

Un accidente múltiple en Couso obriga a desviar o tráfico pola estrada vella

Pouco despois das 13.00h deste mércores produciuse un accidente múltiple na PO-841 á altura de Couso. No sinistro víronse implicados tres vehículos e, un deles, saíuse da vía. Os feridos foron trasladados ao hospital.

O tráfico en dirección Santiago tívose que desviar pola estrada vella pero, tras a retirarse os vehículos implicados, o tráfico reabriuse con normalidade.

No punto do accidente estiveron Atestados de Lalín, dúas patrullas da Garda Civil de Tráfico, Mantemento de estradas, Emerxencias A Estrada e a Agrupación de Voluntarios de Paramá Santo Andrés de Vea.


Imaxe de portada:
Vehículos implicados no sinistro // Agrupación de Voluntarios de Paramá Santo Andrés de Vea

Comentarios

2 respostas a “Un accidente múltiple en Couso obriga a desviar o tráfico pola estrada vella”

  1. […] Ao día seguinte, unha muller resultaba ferida ao envorcar en Santa Cristina de Vea e, o 1 de novembro, producíase un accidente múltiple en Couso. […]

    Gústame

  2. […] tiveron que acudir a un accidente múltiple en Couso e tiveron que cortar árbores na PO-841, na EP-7017 á altura de Cereixo e na N-640 á altura de […]

    Gústame

Deixa unha resposta a As chuvias deixan varios anegamentos na Estrada – PHDnoticias – O Xornal da Estrada Cancelar a resposta