Arde parte dunha fachada na Estrada

Arde parte dunha fachada na Estrada

O incendio afectou tamén a unha habitación

Parte da fachada do número 6 da Rúa Rosalía de Castro ardeu esta madrugada. O incendio produciuse ás 00.40h no cadro eléctrico do edificio e entrou por unha ventá do terceiro andar, onde calcinou un colchón.

Os veciños das dúas vivendas habitadas do edificio – en total son catro vivendas – tiveron que ser desaloxados, sen haber feridos. Na evacuación atopouse coa dificultade de que os veciños non podían saír porque o lume atopábase enriba do portal. A extinción douse por finalizada ás catro da mañá.

Ata o lugar desprazáronse Bombeiros do Deza, Emerxencias A Estrada, RTSU A Estrada, Garda Civil e Naturgy Fenosa.


Imaxe de portada:

Captura de pantalla dun vídeo do incendio // Facebook / Fran Agalería

Comentarios

Deixar un comentario