Un home resultou ferido leve tras sufrir unha saída de vía e envorcar na PO-841 ao seu paso por Couso. O accidente produciuse ás 09.50h deste sábado. O ferido foi trasladado ao hospital polo 061. Ata o lugar tamén se desprazaron efectivos de Tráfico de Lalín, Agrupación de Voluntarios de Paramá San Andrés de Vea e Grúas Foxomotor.
Un vial que comeza a ser punto negro
Este é o cuarto accidente con feridos que rexistra a PO-841 no último mes, e o segundo que se produce en Couso. O PSOE local xa anunciou que vai intentar que a Xunta tome medidas ante a alta siniestralidade da vía.
Imaxe de portada:
Vehículo accidentado // Agrupación de Voluntarios de Paramá San Andrés de Vea


Deixa unha resposta