Publicidade

Iziar Barcala proclámase campioa de España en Ibiza

Iziar Barcala proclamouse campioa de España sub17 este domingo en Ibiza. Fíxoo tras gañarlle 21-8, 21-12 á soriana Daniela Corchón e, deste xeito, a do Bádminton A Estrada cumpría o obxectivo da tempada.

Tanto en dobres femininos coma nos mixtos non tivo tanta sorte e perdeu na primeira ronda. Os seus compañeiros nos dobres foron Carmen Carro e Raúl Bergua.

Pode ver o enfrontamento entre Barcala e Corchón a partir do minuto 1:42:12 do seguinte vídeo:

Tamén pode ver a entrega de premios neste vídeo:


Imaxe de portada:
Iziar Barcala no podium // Youtube / Bádminton Spain

Comentarios

Deixa unha resposta