A Estrada baixou dos 20.000 habitantes, segundo o IGE

A Estrada baixou dos 20.000 habitantes, segundo o IGE

O PSOE móstrase preocupado pola situación demográfica

Os datos provisionais de poboación que ofrece o IGE non son esperanzdores para o concello: a xullo de 2022 a poboación estaría case 100 habitantes por debaixo da barreira dos 20.000. Unha barreira de gran importancia pois, en caso de descender, perderíase autonomía e poder económico.

Cando un concello supera os 20.000 habitantes, este debe contar con servizo de Protección Civil ou instalacións de uso público e atanción inmediatas a persoas en situación ou risco de exclusión social, entre outros servizos.

De confirmarse que A Estrada baixou da barreira, a Deputación asumiría a coordinación dos servizos de lixo, auga potable e alumeado. Tamén pasaría a mans provinciais o SAF (Servizo de Axuda no Fogar) e non se podería optar a moitos fondos europeos, como a EDUSI.

A nivel electoral tamén habería consecuencias, pois o números de concelleiros pasaría de 21 a 17. Deste xeito, e collendo como resultados os das eleccións de maio, o partido que máis afectado se vería sería o PP, que perdería 3 dos seus escanos ata situarse con 10, polo que mantería a súa maioría absoluta cun colchón dun edil. O outro partido que se vería afectado sería o PSOE, que perdería un concelleiro. O resto de partido manteríase igual.

O PSOE móstrase “moi preocupado”

Luis López Bueno, líder do PSOE da Estrada, fixo unha valoración dos datos publicados polo IGE ata o 27 de outubro, nos que se mostra que, no último trimestre do 2021, a poboación sitúase nos 19.982 habitantes.

“Dende que goberna o PP na Estrada pasamos de 21.639 residentes a 19.982, e dunha carga de poboación de 21.000 a 19.500 persoas”

Luis López Bueno, líder do PSOE da Estrada

O socialista considera que os datos son “froito de 12 anos de ausencia do PP en política industrial e en política de vivenda”, dado que non foron capaces “de xestionar unha ampliación suficiente do solo público industrial”.

Tamén tildou o PXOM de “fracaso”, porque “predecía un crecemento de 6600 habitantes e 4800 vivendas para o ano 2025. A un ano do final da súa vixencia desgraciadamente aconteceu todo o contrario”. Aproveitou para criticar que o PP non solicitara varios obradoiros de emprego e axudas para o financiamento de vivendas públicas do aluguer. A isto sumaríaselle a situación económica das arcas municipais.

O líder socialista chamou ao PP a facer “política de verdade” e a que “non se centren únicamente nas medidas de propaganda e autobombo”, entre as que ínclúen a baby box e a campaña de empadroamento.


Imaxe de portada:
Rúa Peregrina da Estrada // PHDnoticias / Rubén Rosende

Comentarios

Deixar un comentario