Iziar Barcala volve triunfar en Ibiza

Iziar Barcala volve triunfar en Ibiza

Iziar Barcala volveu a brillar en Ibiza. Tras converterse alí campioa de España, regresou á cidade balear para disputar o Internacional de España. A do Club Bádminton A Estrada venceu na final dos individuais contra a alemá Lisa Bonnemann por 23/21, 21/10. En dobres mixtos, tamén subiu ao chanzo máis alto do podio co seu compañeiro Raúl Bergua, tras vencer aos tamén españois Gonzalo Isabal e Sofía García. Amais, quedou terceira en dobres femininos, na compaña de Carmen Carro.


Imaxe de portada:
Iziar Barcala e Raúl Bergua ocupan o primeiro posto do podio de dobres mixtos // Captura de pantalla / Bádminton Spain

Comentarios

Deixar un comentario