O BNG estradense queixouse de as fochancas do Souto de Vea que foran tapadas no mes de maio xa reapareceron nos mesmos lugares e indican que, deste xeito, confírmase “o que dixemos daquela, que o remendo de López no Souto de Vea só era para pasar as eleccións e o tempo deunos a razón”.
Por iso, piden que se busque “unha solución duradeira” porque “xa abonda de remendos”. Amais, tamén solicitan que se delimiten os carrís e zonas de aparcadoiro e que se sinalice correctamente o paso de peóns. Consideran que son “un problema grave de seguranza vial, nun treito no que adoitan pasar centos de coches todos os días” e “unha grave irresponsabilidade do goberno de López”.
Imaxe de portada:
Fochancas no Souto de Vea // BNG


Deixar un comentario