Publicidade

Concentración polo 25N diante do Concello

Este venres ás 20.30h celebraráse na Praza do Concello un acto institucional pola Día Mundial da Eliminación da Violencia contra a Muller. Nel, Amalia Goldar lerá o manifesto institucional que foi aprobado polo PP, PSOE e MÓVETE e no que se mostrará o compromiso das formacións na loita contra a violencia machista.

No Centro de Saúde vai haber unha mesa informativa para mostrar a colaboración entre os servizos sanitarios e o CIM. Tamén se está actualizando o protocolo de actuación da Mesa Local contra a violencia de xénero e daráse continuación á APP Benquéro(ME).

Nos centros educativos realizaráse unha scape room. Nela participará o alumnado de secundaria dos IES Manuel García Barros, IES Antón Losada Diéguez, IES número 1 e CPR Plurilingüe Nosa Señora de Lourdes entre os días 27 de novembro e 5 de decembro, en función dos días e horarios escollidos polos centros.

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo