Un ferido nun accidente múltiple en Toedo

Un ferido nun accidente múltiple en Toedo

Ás 20.50h deste luns produciuse un accidente múltiple na PO-841 en Toedo á altura do Bar Regenjo. No sinistro víronse implicados tres vehículos e foi necesario trasladar a un dos condutores. Ata ás 22.50h estívose alternando o tráfico do vial por un único carril.

Ata o lugar desprazáronse efectivos de Emerxencias A Estrada, da Garda Civil da Estrada, da Garda Civil de Tráfico de Lalín, da Agrupación de Voluntarios de Paramá San Andrés de Vea e Mantemento de Estradas.


Imaxe de portada
Dous dos vehículos accidentados // Agrupación de Voluntarios de Paramá San Andrés de Vea

Comentarios

Unha resposta a “Un ferido nun accidente múltiple en Toedo”

  1. Avatar de Unha saída de vía en Baloira obriga a cortar un carril da PO-841 – O Xornal da Estrada

    […] Este é un novo accidente neste vial de titularidade autonómica, no que varias persoas resultaron feridas en diferentes accidentes que se produciron últimamente. O último sinistro con feridos que se produciu foi un accidente múltiple en Toedo. […]

    Gústame

Deixa unha resposta a Unha saída de vía en Baloira obriga a cortar un carril da PO-841 – O Xornal da Estrada Cancelar a resposta