Esta tarde o MOME acolleu a presentación do tráiler do documental sobre a vida do pintor Ángel Lemos. Este acto, promovido pola AC Vagalumes, contou coa presenza dos familiares do artista e de Xan Leira, director do documental.
Leira comentou que Lemos ten “unha biografía riquísima” con situacións “que se superan a unha á otra”. A historia deste vigués finado na Estrada “é como a dos galegos do século XX: República, Guerra Civil, Franquismo…” e, como moitos outros galegos, rematou emigrando.
O documental, que está previsto que se estree en xaneiro no cine estradense, dura unha hora e conta con entrevistas a familiares do pintor. Amais, están intentando expoñer cadros de Lemos, e xa conseguiron co beneplácito do Concello de Redondela para facelo.
Imaxe de portada:
Xan Leira na presentación do tráiler // Rubén Rosende / PHDnoticias – O Xornal da Estrada

Deixar un comentario