Publicidade

Mil milleiros de grazas ❤️

PHDnoticias está de aniversario: fai dous anos contando o que pasa. E faino dun xeito moi especial: cambiando de nome. E este cambio non se debe a un capricho, senon a unha necesidade. Porque antigamente O Planeta de Hoxe en Día Noticias (o seu nome real) estaba destinado a contar o que sucedía desde este pobo da Estrada ata a gran nova procedente de Australia. Pero non tiña éxito.

En xullo deste 2023 comezou, involuntariamente, un proceso de conversión: pasamos de ser un medio xeralista a un medio comarcal e, posteriormente, local. E todo comezou cando nun día conseguiamos mellores cifras que nun mes como medio xeralista.

Por iso toca deixar atrás o pasado como medio xeralista e enfocarse no presente e futuro como medio local e, por iso, cambiamos o noso nome a O Xornal da Estrada.

E a partir deste momento permítanme que fale como o director deste medio e non como o seu único redactor. Para comezar esta nova etapa quero dar mil milleiros de grazas aos milleiros de lectores que cada mes len as novas deste xornal. Por que quen me diría a principios de xullo que conseguiría estas cifras? Sinceramente, eu non.

A dicir verdade, nese momento tampouco agardaba que hoxe, 12 de decembro, estaríame dirixindo a vostede para dicirlle que aquí ten un medio de comunicación ao que lle pode comentar un problema que vexa para que o fagan público. Se se lle anega a casa por culpa do estado dunha pista, se lle molesta o ruído dos botellóns, se a maleza invade algún vial… aquí ten un medio de comunicación disposto a contalo.

E moitas veces pode non ser fácil, por falta de tempo, non por falta de ganas. Porque moitas veces querer non é poder. Por querer contaría todo o que pasa neste concello, pero aínda non podo e queda un longo camiño por percorrer para poder.

E por iso a túa colaboración é importante. Porque, por exemplo, nun gran temporal prodúcense unha gran cantidade de sucesos que, de non ser por particulares, non poderiamos contar.

E xa para rematar, querido lector ou lectora, mil milleiros de grazas por ler este artigo e moitas das nosas novas, porque sen ti isto non sería posible.

Grazas 💚🤍❤️

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo