Contra as 19.00 horas deste luns produciuse un choque frontal entre dous turismos na N-640 ao seu paso pola Anllada. Tres persoas resultaron feridas, tendo que ser trasladadas en ambulancia ao hospital. Foi necesario pechar ao tráfico a estrada nacional.

De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros do Salnés, dos voluntarios de Protección Civil de Cuntis e dos operarios de mantemento da vía. Tamén colaboraron os membros de Emerxencias A Estrada e da Agrupación de Voluntarios de Paramá Santo André de Vea. Non foi necesario excarcerar aos implicados.
Imaxe de portada: vehículo sinistrado // Agrupación de Voluntarios de Paramá Santo André de Vea


Deixa unha resposta