Publicidade

Fátima Pego actuará no Socorro de Ouzande

Esta fin de semana Ouzande celebrará as súas festas na honra das virxes do Carme e do Socorro. Comezarán o sábado 12 e rematarán o domingo 13.

O sábado comezarán os festexos cunha misa solemne ás 13.15 horas. A sesión vermú estará amenizada polo Grupo de Gaitas Decotío. Á noite, a verbena correrá a cargo da discomóvil Chocolate, Fátima Pego e Mar de Arousa.

O domingo oficiarase unha misa ás 13.15 horas. Ao seu remate, terá lugar a tradicional poxa. A sesión vermú contará coa música da Banda de Música Municipal da Estrada.

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo