Continúa a investigación sobre os microcortes eléctricos que se produciron ao longo do verán no nordés do municipio da Estrada. Este martes íase facer un cambio de explotación de rede na zona afectada que produciría un pequeno corte na subministración eléctrica, mais foi adiado para este mércores por mor da chuvia.
O corte será puntual, duns cinco minutos de duración. Producirase contra as 16.00 horas. Esta manobra é necesaria para tentar dar coa orixe do problema que, lembremos, estaba acotada ao tendido de media tensión que vai dende Oca ata o cruce coas vías do tren. Dende a distribuidora UFD apuntaron hai un mes á posibilidade de que se debese a “axentes externos”.


Deixa unha resposta