O Teatro Principal acollerá ás 20.30h deste xoves a entrega do XXVII premio de poesía Avelina Valladares nun acto que será gratuíto e de libre acceso. O premiado será, por terceiro ano consecutivo, o noiés Manuel López Rodríguez grazas ao “realismo cromático, clasicismo do íntimo e cotiá e o hopperismo” do seu poemario Fíotaxidermista.
O xurado do certame fixouse en que “no seu simbolismo metafórico atopamos unha acentuación atinada” e en que “utiliza o recurso de falla de artigo”. Tamén indicaron que o poemario preséntase “como un poema resumo, no que a percepción xeral de todo o poemario é o misterio como estratexia poética”.

Deixa unha resposta a Que foi noticia o 12 de decembro de 2023? – Xornal da Estrada Cancelar a resposta